Despois de consultar as propostas de actividades que levaremos a cabo durante os seguintes meses, cremos que será doado acadar o noso obxectivo, xa que os recursos propostos serán fácilmente adaptables ao noso proxecto. A idea de crear unha web de recursos educativos dixitais, por exemplo, permitiranos unha maior facilidade de acceso a todas as propostas que temos, reuníndoas nun mesmo sitio. Xa que toda materia ten unha parte teórica, a creación dun e-book permitiranos ensinar este tipo de contidos seguindo a liña das novas tecnoloxías.
Outra actividade que destaca para min é a revista escolar dixital, xa que estas revistas sempre teñen moito éxito nas escolas, xa que recollen as experiencias vividas polos nenos e nenas cada ano, e o feito de que sexa dixital e se atope ao alcance cun "click" é moi interesante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario