martes, 21 de febrero de 2017

Comentario Ferramentas TIC Patri

Boas tardes!

A sesión de hoxe adicámola a creación dun recurso audiovisual. Entre as propostas atópanse un stopmotion, un vídeotutorial, un vídeoquiz, un cómic... Todos estes son moi interesantes para usar na aula, pero de ter que elixir posiblemente me quedaría co vídeotutorial. Estes vídeos están á orde do día, xa que se entramos en páxinas como YouTube podemos atopar dende un que nos axuda a resolver un problema de matemáticas, ata outro no que se nos ensine un peinado ou maquillaxe. No noso caso poderíamos utilizalo na clase para explicar tanto diferentes xogos, coma os músculos e ósos do corpo, a nutrición, etc., sendo feitos por nós mesmos ou buscándoos na rede. Este tipo de recursos serven tamén para ser compartidos con outros docentes, e ofrecen a opción de que os nenos e nenas os mostren na casa ás súas familias, e aprendan dunha forma entretida, xa que actualmente o alumnado dedica gran parte do tempo nas súas casas ás novas tecnoloxías.

Lémonos na próxima entrada, saudiños! 😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario