Nesta entrada, vouvos presentar tres recursos dixitais relacionadas coa Educación Física, para que se faga un pouco máis divertido o aprendizaxe desta materia (dous xogos e un cómic).
Seguidamente, fareivos unha breve explicación destas aplicacións.
1.ENRÉDATE:
Con este xogo interactivo, tentaremos utilizalo de tal forma que o alumnado aprenda a importancia de levar unha vida sá coidando a alimentación e facendo exercicio.
2.COÑECE O CORPO HUMANO:
Este xogo está destinado aos máis pequenos e pequenas para que aprendan de forma divertida o corpo humano e diversas funcións e as sensacións.
3. TBO ESPALDA
Por último, este novo enlace leva a un pequeno cómic onde se indica e se aconsella como levar unha vida sen dor de espalda. Ao final do cómic os nenos e as nenas disporán dunha actividade de verdadeiro e falso para ver se entenderon os consellos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario