martes, 7 de febrero de 2017

Reflexión Lucía

Algo que caracteriza os nenos é a súa vitalidade e alegría, por eso os meus compañeiros, a miña compañeira e eu chegamos a decidir este tema, o do deporte.
O deporte é algo moi importante nesta sociedade e especialmente nos nenos. Na escola a única asignatura que motiva a facelo é a Educación Física, e penso que non é unha asignatura a que se lle de a importancia que merece.
Por iso con iste blog queremos motivar os nenos mediante, especialmente, vídeos, cancións, xogos, actividades... En resumo, a través dunha gran variedade de medios.
Un xeito moi acertado para complementar o noso blog pode ser a realización de vídeos, ou tamén algunha historia feita por un e-book ou outros medios.
O máis importante para nós e que os nenos mediante iste blog podan divertirse á vez que fan deporte, así que... MOITO ÁNIMO!


No hay comentarios:

Publicar un comentario