Boas!
Hoxe falareivos dun recurso audiovisual que penso que será moi entretido para os rapaces e rapazas. Entre as propostas atópanse un stopmotion, un vídeotutorial, un vídeoquiz, un cómic... Para min o alumnado aprendería dunha forma máis amena e divertida no caso de facer sesións con cómics.
No ámbito de educación física podemos atopar diversos cómics que tratan dende actitudes posturais ata exclusión social dun equipo ou diversos problemas deportivos. Ademáis podemos crear algún cómic co tema que precisemos.
Este recurso pode chegar a ser moi importante á hora de que o alumnado aprenda as actitudes e os comportamentos adecuados para cada situación.
Espero que vos haxa gustado esta entrada. Un saúdo!!😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario