martes, 14 de marzo de 2017

Actividades Multimedia Patri: Sopa de letras

Boas tardes!

A sesión de hoxe adicámola a creación de actividades multimedia para a aula. No meu caso decidín seguir na liña da Webquest que creamos na sesión anterior, e utilicei o recurso "Worksheet Works" para crear unha sopa de letras sobre Xogos Tradicionais galegos.

A buscar!



Comentario e ferramentas TIC Juan

Boas!

Nesta sesión, pondreivos a proba cunha sopa de letras, adicada a educación física na aula a través do ordenador. Levei a cabo a creación da sopa de letras a través do recurso "Worksheets Works". O tema da sopa de letras son os deportes de equipo ou por parellas.

Decidín coller este recurso posto que me pareceu un dos máis sinxelos de utilizar, ademais de que pode servir de gran utilidade para facer que os nenos se entreteñan e aprendan, tamén me parece interesante esta actividade posto que os nenos ou os pais mesmos poden utilizala dende a casa.

Boa sorte!!!!



MATERIAL EDUCATIVO PABLO



Neste caso decidinme por facer este libro dixital coa ferramenta de "Issuu" xa que o material de traballo que tiña era ideal para esta ferramenta. O ser en formato libro xa é un material coñecido, ademais de que ten debuxos moi chamativos.

No seguinte enlace podemos atopar o libro dixital:

https://issuu.com/pablovidal06/docs/cuaderno-juegos-tradicionales?utm_source=conversion_success&utm_campaign=Transactional&utm_medium=email

Material educativo Lucía


Como pequena introdución ó compañeirismo no deporte decanteime por crear esta foto, que demostra a importancia diste, e por facer un pequeno cuestionario no que podedes "autoevaluar" a importancia do compañeirismo e cómo de presente está este na vosa vida.
Disfrutade! :)


automotivator.jpg

miércoles, 8 de marzo de 2017

WebQuest

Boas tardes!

A última actividade que programamos para realizar na aula foi unha divertida Webquest sobre os Xogos Populares. Seguindo o enlace da foto poderedes descubrila e utilizala nas aulas ou como simple divertimento e modo de aprendizaxe.

Agardamos que vos guste! 😉




martes, 7 de marzo de 2017

Plantilla Webquest


PLANTILLA PARA ELABORAR WEBQUESTS

TITULO DE LA WEBQUEST:

XOGOS POPULARES NA AULA

Autores/as

Juan Manuel Silva, Patricia Tamayo, Lucía Vázquez, Pablo Vidal
ÁREA DE CONOCIMIENTO:
EDUCACIÓN FÍSICA
TEMÁTICA:
XOGOS POPULARES
HERRAMIENTAS INFORMÁTICAS
WIX

Edad y Curso:

8-11 AÑOS (3º-6º)
INTRODUCCIÓN:
Consiste en un texto corto cuya función es proveer al estudiante información básica sobre el tema, el objetivo y el contenido de la actividad que se va desarrollar, de manera que lo contextualice, lo oriente, y lo estimule a leer las demás secciones.


Bos días nenos e nenas!
​
Hoxe, en lugar de ir ao pavillón, imos facer unha actividade aquí na aula cos ordenadores,coa que aprenderedes algo novo sobre a nosa cultura: xogos tradicionais galegos. 


TAREA:
La Tarea consiste en una actividad diseñada especialmente para que el estudiante utilice y sintetice la información que ofrecen los Recursos de Internet seleccionados por el docente para desarrollar la WebQuest.

Para levar a cabo esta tarefa deberedes porvos por grupos, e facer un traballo sobre algún xogo tradicional galego, que despois presentaredes aos vosos compañeiros e compañeiras.
​
Os xogos suxeridos son:
​
-A mariola
-A buxaina
-O pano
-Tira da corda
-Carreiras de sacos
-As canicas
-A petanca
-A pita cega
-A chave


PROCESO:
Es la secuencia de pasos o subtareas que el estudiante debe realizar para resolver la Tarea de una WebQuest. Al diseñar una Tarea, el docente debe analizarla y descomponerla para determinar cuál es el proceso que debe llevarse a cabo para poder completar exitosamente la Tarea.


Os pasos a seguir para realizar o traballo son:
​
1.     Crear os grupos e seleccionar un nome.
2.     Elixir un deporte e anotalo na pizarra.
3.     Buscar información sobre o mesmo, indicando nun documento de Word en que consiste, os materiais e o espazo necesarios, o número de xogadores, etc. A parte escrita deberá ir acompañada de fotos ou debuxos explicativos.
4.     Para rematar a tarefa, deberedes preparar o xogo para explicalo de maneira oral na clase ao resto de compañeiros e compañeiras, poñendo en práctica o aprendido sobre o mesmo.


RECURSOS:
Lista de sitios Web seleccionados como los más adecuados para desarrollar la WebQuest y que contienen información valida y pertinente para realizar efectivamente la Tarea. Los Recursos generalmente se dividen de acuerdo a cada subtarea descrita en el Proceso o de acuerdo a los diferentes grupos de estudiantes o roles específicos preestablecidos para desarrollar la WebQuest.


Para facilitar a realización do traballo, aquí tedes unha serie de recursos:
​
-Xogos populares EduXunta
​
-A Petanca
​
-As canicas
​
-Carreiras de sacos
​
-Xogos populares Asociación Compostela
​
​
​
​
​
​
​
​



EVALUACIÓN:

La Evaluación de una WebQuest va más allá de la asignación de una nota o calificación y debe diseñarse con el propósito de obtener información que permita orientar al estudiante para que alcance los objetivos de aprendizaje establecidos para esta.

ASPECTOS A EVALUAR

CRITERIOS DE EVALUACIÓN
Valorarase:
​
-A boa explicación do xogo, tanto verbalmente como de xeito escrito (neste caso tamén a ortografía e a calidade da redacción).
​
-A calidade da información recaudada.
​
-O bo uso dos recursos proporcionados.
​
-A participación, interese e colaboración de todos os membros do grupo.
​

CONCLUSIÓN:

Comentario o idea final que resume los aspectos más importantes tanto del tema que se trabajó como de los resultados de la actividad que se llevó a cabo durante el desarrollo de la WebQuest.


Ata aquí a actividade de hoxe!
​
Esperamos que a disfrutarades e que apliquedes o aprendido nas vosas casas e cos vosos amigos e amigas!



jueves, 2 de marzo de 2017

VÍDEO: OS 8 BENEFICIOS DE PRACTICAR DEPORTE

Boas tardes!

O recurso que creamos para a sesión de hoxe foi un vídeo sobre os 8 beneficios de practicar deporte. Sen dúbida, foi unha das actividades que máis entretidas nos resultou, xa que foi gravado e producido por nós mesmos.

Agardamos que vos guste!

Saúdos! 😊😉