Boas tardes!!
Como última entrada, vou facer unha valoración sobre as exposicións que realizaron os meus compañeiros sobre os seus proxectos.
Grupo 4.1 Javi, Brais e Pablo
Este grupo realizou un proxecto sobre as Intelixencias Múltiples, tema moi interesante sobre o que vos recomendo informarvos, e un moi bo xeito é entrando ao seu blog, ao que podedes atopar un enlace no noso, o nome é "As 8 intelixencias múltiples".
A súa presentación gustoume moito, xa que presentaron de forma clara o traballo que realizaron, pero se hai algo que destacar é o StopMotion que realizaron. No noso grupo fomos testigos do gran traballo que lles levou, pero sen dúbida viuse compensado co resultado. Tamén o podedes atopar no seu blog.
Grupo 4.2 Alba, María, Noelia e Irene
As nosas compañeiras centráronse na Diversidade, tema moi importante e do que falaron na súa exposición, que foi moi interesante. O que máis me gustou desta foi un vídeo que realizaron traducindo todo a linguaxe de signos. Podedes atopalo no seu blog.
Grupo 4.3 Miguel, Iago e Diego
O grupo "Sálvame de Rolo" realizou un traballo sobre o Consumo, que representaron á perfección coa realización dun vídeo caseiro sobre este. Coma nos anteriores casos podédelo atopar no seu blog.
Grupo 4.5 Ana, Carla e Óscar
Este grupo realizou un proxecto sobre os "Días escolares" por medio dunha revista dixital. Ademais, crearon un vídeo moi interesante.
Recoméndovos que visitedes todos os seus blogs, xa que facéndoo poderedes aprender tanto como nos aprendemos sobre as diferentes temáticas que trataron.
Ata pronto! 😉👋
No hay comentarios:
Publicar un comentario