Bos días!
Despois de rematar o noso proxecto na sesión anterior, rematamos tamén o Informe Final sobre este, que vos presentamos a continuación. Este realizouse, ao igual que todas as actividades, seguindo as directrices do Decreto 105/2014 polo que se regula o currículo da Educación Primaria en Galicia. Nel xustificamos a elección do noso proxecto, mostramos as partes máis relevantes do decreto para o noso caso e explicamos algunhas das actividades que levamos a cabo. Ademais, reflexionamos sobre a viabilidade do mesmo.
INFORME FINAL
1. XUSTIFICACIÓN
O noso proxecto baséase
na creación dun e-book que sirva como complemento para a materia de Educación
Física. Esta orientado a recompilación de materiais interactivos educativos que
se poderían usar nela. Os cursos cos que se traballará serán 3º e 4º.
Seleccionamos en
primeiro lugar o libro dixital, xa que nos parece un material moi útil e moi
sinxelo de utilizar. Ademais, posiblemente os libros impresos desaparezan e
este sexa o futuro nas aulas, polo que cremos que é importante acostumarse ao
seu uso.
En canto a selección
desta materia curricular, realizámola xa que dous dos compoñentes do grupo son
Técnicos en Actividades Físicas e Deportivas, e ademais os catro temos unha
relación directa con algún deporte, ademais de grandes intereses por esta área.
Por outra banda, é unha
materia moi interesante para aplicar o uso das TIC, xa que a tendencia é a
orientala unicamente á parte práctica, coa realización de diferentes deportes,
e gustaríanos mostrar unha visión diferente.
2. CONTEXTO
O Centro no que se levará a cabo o noso proxecto é o CEIP Lira, unha escola
situada no entorno de Ribadavia. Esta é unha vila da comarca do Ribeiro, que
conta cunha poboación predominantemente nova. A maioría traballa en labores
relacionadas co cultivo, mantemento e elaboración de viño e dos viñedos.
Con respeto a escolarización, non só asisten os nenos e nenas do centro, se
non que tamén rapaces e rapazas de pobos cercáns como son San Cristovo,
Francelos, Barcia, Carballeda de Avia…
Ao ser un centro situado nunha vila e non ser o único nesta, o número de
alumnos/as por clase oscila entre os 15 e os 20.
Levaríamos a cabo este proxecto con nenos de 3º e 4º de primaria. Estes contan cunhas
características evolutivas e de desenvolvemento que condicionan os procesos de
aprendizaxe e que hai que ter en conta á hora de programar e ensinar.
En canto ás características psicoevolutivas
dos nenos e nenas a estas idades están:
·
Desenvolvemento psicomotor: O coñecemento básico do
corpo xa está superado pola maioría do alumnado e prosegue o proceso de
estruturación corporal. É un ciclo marcado por unha sensible mellora en todos
os aspectos como consecuencia de que apenas se producen cambios estruturais no
corpo, o que posibilita que os movementos sexan máis eficaces e económicos,
melloren as coordinacións e se estabilicen a dominancia lateral e ocular.
·
Desenvolvemento cognitivo: Continuarán no estadio de operacións
concretas, o que lles obriga a manipular os obxectos, a linguaxe... para
alcanzar os conceptos que se propoñen e que van aumentando en complexidade.
Manexan con soltura os símbolos en substitución das cousas, o que facilita e
permite desenvolver os seus aprendizaxes. Comezan a realizar reflexións
sistemáticas sobre as actividades que levan a cabo, polo que intentan ordenar,
clasificar e comparar.
·
Desenvolvemento da linguaxe: Distribúen e ordenan
bastante ben as palabras e as oracións no espazo-tempo e coñecen e dominan,
aínda que con certas dificultades aínda, a normativa dos códigos. Aínda se
presentan moitas dúbidas ortográficas, polo que hai que continuar afianzando
este aspecto. Amplían considerablemente o vocabulario e xa son capaces de
definir palabras. No referente á lectura, acostuman a realizala xa con certa
fluidez, aínda que poden presentar algúns tropezos. Por iso é fundamental
traballar a comprensión lectora.
·
Desenvolvemento social: Teñen maior autonomía en relación cos pais
tanto para buscar os seus propios xogos, como para “saír de apuros”. Teñen unha
gran vitalidade: xogan, pelexan, falan todos á vez, entusiásmanse, compiten...
Este é un campo no que é posible desenvolver unha interesante acción educativa,
centrando a actividade do alumnado. Manifestan un grande interese polo que
ocorre fora da familia. O compañeirismo é típico destas idades e a pertenza ao
grupo é o núcleo vital en torno ao cal se desenvolven as súas actividades.
3. CONTEXTO CURRICULAR
Este apartado creouse
tendo en conta o Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o
currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
3.1.
Obxectivos
xerais
No artigo 3 do currículo
establécense unha serie de obxectivos xerais. Os dous seguintes son os que máis
se adecúan ao noso proxecto, xa que están directamente relacionados coas TIC.
§ Iniciarse
na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da
comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.
§ Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais.
3.2.
Competencias
clave
Ademais de obxectivos, tamén se
presentan unha serie de competencias clave, recollidas no artigo 5. Destácanse as
seguintes, relacionadas co noso proxecto:
§ Competencia
dixital (CD).
§ Aprender a
aprender (CAA).
§ Conciencia
e expresións culturais (CCEC).
3.3.
Área
A área sobre a que imos traballar é a de Educación Física. Esta ten como finalidade principal a competencia motriz
dos alumnos e das alumnas,
entendida como un conxunto de coñecementos, procedementos, actitudes e
sentimentos que interveñen nas múltiples interaccións que realiza un individuo
no seu medio e cos demais e que permite que o alumnado supere os diferentes
problemas motrices propostos tanto nas sesión de Educación física como na súa
vida cotiá; sempre de forma coherente e en concordancia ao nivel de desenvolvemento psicomotor, prestando especial sensibilidade á atención a diversidade nas
aulas, utilizando estratexias inclusivas e sempre buscando
a integración dos coñecementos, os procedementos, as actitudes e os
sentimentos vinculados á conduta motora fundamentalmente. A competencia motriz,
que non está recollida como unha das competencias clave, é fundamental para o
desenvolvemento destas, especialmente as Competencias Social
e Cívica, Aprender a Aprender, Sentido de Iniciativa e Espírito
Emprendedor, Conciencia e Expresións Culturais e Matemática e Científico Tecnolóxica
e, en menor medida, a Competencia en Comunicación Lingüística e a Competencia Dixital.
4. ACTIVIDADES A REALIZAR
Para a realización deste
proxecto leváronse a cabo unha serie de actividades que aparecen recollidas nas
táboas que se adxuntan a continuación. Nelas defínese que o tipo de actividade
e faise unha breve descrición de cada unha delas.
ACTIVIDAD 1: PÓSTER DIXITAL
|
|
Breve
descripción:
Nesta actividade
expondremos na pantalla PDI o noso póster con todos os links, e o código bidi
para escanear, como docentes deixarémoslles escanealo dende a tablet para que
entren nos diferentes recursos e xoguen con eles. Despois deberán facer unha
breve redacción no ordenador sobre os recursos que utilizaron e o que
aprenderon deles.
|
|
Recursos utilizados:
(soporte y recurso TIC (programa, software, aplicación….)
Blogger,
diferentes webs de recursos.
|
|
Lugar de
realización
|
Esta actividade pódese levar a cabo en
calquer aula que dispoña de proxector ou mesmo de pantalla PDI.
|
Personal
|
□ Maestro tutor □ Maestro de apoyo (PT o AL) □ Especialista
□ Personal de
asociación □ Familias □ Otro: especificar
|
Agrupamiento del
alumnado
|
A
forma de agrupar ao alumnado será de formando parellas para así se turnan nos
xogos e tamén se poden axudar ao mesmo tempo, ademais de que é unha forma de
facer a clase mais amena.
|
Duración de la
actividad
|
A actividade terá
unha duración de 2 sesións.
|
ACTIVIDAD 2: RECURSOS AUDIOVISUAIS
|
|
Breve
descripción: A partir do vídeo que creamos sobre “Os 8 beneficios de
practicar deporte” creamos unha actividade que consiste en que o alumnado o
visualice, e a partires del faga unha breve reflexión por escrito no seu
ordenador sobre o que aprendeu, que deporte lle gustaría practicar e todo
aquilo que queira expresar sobre o que lle transmitiu o vídeo. A
continuación, a partir desa reflexión deberán realizar unha pequena
exposición apoiándose nunha presentación Power Point.
|
|
Recursos
utilizados: (soporte y recurso TIC (programa, software, aplicación….)
Vídeo en Blogger
e en Drive. O alumnado utilizará un procesador de textos.
|
|
Lugar de
realización
|
□ Aula ordinaria □ Biblioteca □ Aula de usos
múltiples □ Rincón TIC
□ Otro: especificar:
|
Personal
|
□ Maestro tutor □ Maestro de apoyo (PT o AL) □ Especialista
□ Personal de
asociación □ Familias □ Otro: especificar
|
Agrupamiento del
alumnado
|
□ Gran grupo □ Pequeño grupo □ Parejas □ Individual □ Otro:
especificar
|
Duración de la
actividad
|
3 sesións.
|
ACTIVIDAD 3: WEBQUEST
|
|
Breve
descripción:
A actividade
consiste no uso dunha Webquest sobre Xogos Populares, o alumnado deberá
entrar e seguir as indicacións que alí se atopan para resolver o exercicio.
|
|
Recursos
utilizados: (soporte y recurso TIC (programa, software, aplicación….)
Wix, procesador
de textos.
|
|
Lugar de
realización
|
□ Aula ordinaria □ Biblioteca □ Aula de usos
múltiples □ Rincón TIC
□ Otro: especificar:
|
Personal
|
□ Maestro tutor □ Maestro de apoyo (PT o AL) □ Especialista
□ Personal de
asociación □ Familias □ Otro: especificar
|
Agrupamiento del
alumnado
|
O alumnado
traballará en grupos de 3.
|
Duración de la
actividad
|
2 sesións.
|
ACTIVIDAD 4: ACTIVIDADES MULTIMEDIA INTERACTIVAS
|
|
Breve
descripción:
Creáronse unha
serie de actividades multimedia interactivas, que son: sopas de letras,
crucigramas, mapas conceptuais, puzzles, etc. O alumnado deberá usar os seus
ordenadores para resolver 4 de todas as propostas que atoparán no blog. Ao
rematar deberá de novo facer unha breve redacción sobre o que seleccionaron,
acompañada dunha reflexión sobre o aprendido.
|
|
Recursos
utilizados: (soporte y recurso TIC (programa, software, aplicación….)
Blogger,
procesador de textos, diferentes soportes de programas.
|
|
Lugar de
realización
|
□ Aula ordinaria □ Biblioteca □ Aula de usos
múltiples □ Rincón TIC
□ Otro: especificar:
|
Personal
|
□ Maestro tutor □ Maestro de apoyo (PT o AL) □ Especialista
□ Personal de
asociación □ Familias □ Otro: especificar
|
Agrupamiento del
alumnado
|
O alumnado
traballará individualmente para a realización desta actividade.
|
Duración de la
actividad
|
1 sesión
|
5. CONCLUSIONES
Este foi un proxecto que nos entusiasmou dende o primeiro
momento, xa que, como se mencionou anteriormente, a Educación Física é un tema
polo que todos temos un grande gusto, e mostrabamos un grande interese por
cambiar aquelas cousas que non nos convencían da maneira habitual de impartir
esta materia.
Atopamos algunhas dificultades: a primeira foi ser
capaces de imaxinar como funcionarían realmente na aula as nosas propostas, se
serían aceptadas por nenos e pais, etc. Outra foi o pouco tempo co que contamos
para a realización das diferentes actividades, e nalgúns casos o problema á
hora de atopar unha gran variedade de recursos.
Sen embargo, consideramos que sería viable, e que pode
resultar de grande utilidade tanto para docentes como para familias, xa que as
nosas actividades poden realizarse tanto na aula como na casa coa familia ou en
momentos de ocio cos amigos, e serven de aprendizaxe para todos eles.
6. REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
-
Decreto
105/2014, do 4 de setembro, por el que se establece o currículo da Educación
Primaria, No. 171, Anexo I, DOG (2014).
-
Gutiérrez, M.; Raposo, M. Y Pato, S. (2017). Materiales Faitic. Ourense: Universidade
de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario