Boas noites chicos!
Hoxe na nosa clase os meus compañerios máis eu tivemos que facer unha exposición do noso blog, mellor dito, de un proxecto que preparamos en base este.
Nesta entrada valorarei as súas exposición dende o meu punto de vista. Direi o que máis me gustou de cada grupo e, se hai algo que non me gustou, tamén. Aínda que todos fixérono xenial!
Grupo 4.1: Javi, Brais e Pablo.
Os meus compañeiros "LOS SIN NOMBRE", escolleron un tema complexo e moi entretido como son as intelixencias múltiples. A súa exposición estivo moi ben, encantoume como explicaron o seu blog e as diferentes actividades que subiron.
Aínda que, o que máis me chamou a atención foi o stop motion, estaba moi ben montado e feito dunha maneira moi orixinal. Recoméndovos ir a velo, temos o seu blog en páxinas amigas, iste é "As oito intelixencias humanas".
Grupo 4.2: Alba, María, Noelia e Irene.
O grupo "MINAred" encantoume. A parte de facer unha moi boa presentación explicando ben todas as partes fixeron uns vídeos estupendos.
Un deles está ata traducido o linguaxe de signos! De esta maneira calquera persoa pode escoitar e ver a conversación do seu stop motion. Unha idea moi boa compañeiras!
"Diversidad y aulas".
Grupo 4.3: Miguel, Iago e Diego.
Este increíble grupo composto por Iago, Miguel e Diego, chamada "SALVAME DE ROLO", fixeron unha boísima exposición.
Mostraron moi ben toda a composición do seu blog xunto coas súas actividades, puxéronnos un vídeo moi divertido que podedes ver no seu blog http://escolaonlineourense.blogspot.com.es/.
O que máis me gustou do seu traballo foi a súa exposición en sí. Con isto quero decir que a súa maneira de falar xunto cas súas explicación fixeron que a exposición pasase rápido e que con ela o pasásemos ben. Foi moi boa!
Grupo 4.5: Ana, Carla e Óscar.
O grupo "Claro que si guapis" fixeron un traballo moi bo. Nótase todo o esforzo detrás da súa exposición. O seu blog e as súas actividades son moi completas e, a parte, ensináronnos a todos unha maneira diferente de facer un vídeo moi entretido. Non vos vou revelar nada diste, o mellor e que o vaiades a ver o seu blog "a escola celebra".
Bueno rapaces, con esta entrada quixen explicaros un pouco o traballo dos meus compañeiros. Non puiden decir nada malo das súas exposicións porque todos fixérono moi ben, notouse que traballaron nos seus respectivos blogs e que se esforzaron para completalo e chegar onde chegaron. Fixeron moi bo traballo, si señor.
Remato decindo que visitedes os seus blog e lle botedes un vistazo, merecen moito a pena.
Un saúdo! :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario