miércoles, 26 de abril de 2017

Proxecto: E-book

Bos días!

Despois de todo o cuatrimestre traballando para crealo, finalmente temos o noso proxecto rematado: un e-book sobre Materias Educativos Interactivos para a Educación Física.

Para publicalo utilizamos o recurso "Calaméo", co que se poden realizar publicacións a modo de revista ou libro dixital. Pareceunos un recurso moi interesante e moi útil para utilizar en futuros proxectos.

En canto ao noso E-book, consideramos que os contidos son moi interesantes e poden ser de utilidade tanto para docentes como para as propias familias, e que é fácil de utilizar para os nenos xa que ten un formato moi sinxelo, con explicacións facilmente comprensibles.

Se pinchades na foto levaravos directamente á páxina de publicación.

Agardamos que vos guste! 😊


No hay comentarios:

Publicar un comentario