viernes, 12 de mayo de 2017

Despedida Patri


Bos días!!



Despois de case 5 meses traballando neste blog, chegou a hora de despedirse! 😡 

Para min o traballo neste blog foi unha boísima experiencia, xa que aínda que xa usara noutras ocasións blogger, aprendín moitas cousas, e a temática que tratamos neste caso gustoume moito máis, xa que ademais é unha forma de irnos preparando para o momento no que sexamos docentes e traballemos cara a cara cos nenos e nenas. 

Aínda que nos gustou moito, ben é certo que nalgúns momentos os meus compañeiros Lucía, Pablo, Juan e eu tivemos algunhas dificultades, pero traballando os catro xuntos e apoiándonos, e coa axuda da nosa profesora, Teresa, soubemos superalas e rematar satisfactoriamente o noso proxecto. 

Como as despedidas sempre son tristes e a min non me gustan nadiña, ata aquí a miña. Foi un placer poder compartir os coñecementos que adquirimos convosco. 

Ata pronto nen@s! 😊😉👋💋💓



Valoración Exposiciones Patri

Boas tardes!!

Como última entrada, vou facer unha valoración sobre as exposicións que realizaron os meus compañeiros sobre os seus proxectos.

Grupo 4.1 Javi, Brais e Pablo

Este grupo realizou un proxecto sobre as Intelixencias Múltiples, tema moi interesante sobre o que vos recomendo informarvos, e un moi bo xeito é entrando ao seu blog, ao que podedes atopar un enlace no noso, o nome é "As 8 intelixencias múltiples".
A súa presentación gustoume moito, xa que presentaron de forma clara o traballo que realizaron, pero se hai algo que destacar é o StopMotion que realizaron. No noso grupo fomos testigos do gran traballo que lles levou, pero sen dúbida viuse compensado co resultado. Tamén o podedes atopar no seu blog. 

Grupo 4.2 Alba, María, Noelia e Irene

As nosas compañeiras centráronse na Diversidade, tema moi importante e do que falaron na súa exposición, que foi moi interesante. O que máis me gustou desta foi un vídeo que realizaron traducindo todo a linguaxe de signos. Podedes atopalo no seu blog.

Grupo 4.3 Miguel, Iago e Diego

O grupo "Sálvame de Rolo" realizou un traballo sobre o Consumo, que representaron á perfección coa realización dun vídeo caseiro sobre este. Coma nos anteriores casos podédelo atopar no seu blog. 

Grupo 4.5 Ana, Carla e Óscar

Este grupo realizou un proxecto sobre os "Días escolares" por medio dunha revista dixital. Ademais, crearon un vídeo moi interesante. 


Recoméndovos que visitedes todos os seus blogs, xa que facéndoo poderedes aprender tanto como nos aprendemos sobre as diferentes temáticas que trataron. 

Ata pronto! 😉👋

Despedida Juan

Isto remátase!!!

Que dicir nesta última entrada, a verdade é que valorando este cuadrimestre, teño que dicir que os últimos meses non me resultou doado realizar algunhas activiadades. Pero por sorte atopeime unhas compañeiras e un compañeiro de traballo que me axudaron a acadar os obxectivos.

Porén, dicir que o tema que tratamos no blog foi de gran motivación xa que me resultaba máis ameno buscar información sobre o ámbito da Educación Física que buscar sobre un tema máis aburrido.

Ademáis salientar que no ámbito perosal tamén me atopei moitas dificultades e aí estiveron eles animándome e facendo que tirara para diante. MOITAS GRAZAS COMPAÑEIRAS/O!!

E para porlle fin a esta entrada, deséxovos sorte a todos e todas!!!

Despedida Pablo

Esto non é un adeus, é un ata pronto, rematamos a nosa aportación ao blog, unha boa experiencia para todos, foi un pracer crear este espazo no que puidemos desfrutar de información, xogos e moitas cousas mais.
Un abrazo enorme para tod@s ❤️
Nunca deixedes de aprender, e ainda menos de disfrutar 🏋🏽‍♀️🏌🚣🏼‍♀️⛹🏻
Ata sempre 💙

Despedida, Lucía


E nun abrir e cerrar de ollos isto acabou.
Chicos/as, nesta última entrada que subo despídome, pero non sen antes valorar un pouco con vós todos estes meses.
A actividade do blog non foi unha actividade doada, no meu caso, eu non tiña nin idea de facer un blog, nin dos mellores programas para ir facendo todas as diferentes actividades que presentamos. Grazas os meus compañeiros, Patri, Pablo e Juan, logrei superar todos os retos que fun encontrando.
O que máis me gustou do blog sen duda foi o tema, o deporte, tema que escollemos nos. Con este o que quixemos é fomentar a realización do deporte, os xogos, etc. as TIC están moi ben, iso está claro, pero saír a xogar cos teus amigos, ou simplemente ir a correr un rato e algo moi enriquecedor.
Esta última entrada é unha despedida, pero seguramente con retorno, fixo que o largo deste tempo subiremos máis cousas para poderos informar máis e que poidades pasalo ben no noso blog.
Unha aperta moi grande, e disfrutade moito nen@s 💓😊

Resultado de imagen de gif de despedida minions

Valoración Exposiciones Juan

Boas!!
 Nesta entrada, comentarei brevemente as exposicións dos meus compañeiros:

Grupo 4.1: Javi, Brais e Pablo.

Penso que o tema das inteligencias múltiples estivo moi ben explicado e fixeron unha moi boa exposición.

Grupo 4.2: Alba, María, Noelia e Irene.

Unha exposición moi boa, e uns vídeos nos que aproveitan as súas cualidades para sacarlle o mellor proveito ao tema.

Grupo 4.3: Miguel, Iago e Diego.

Un grandísimo traballo e boa exposición, souperon explotar o seu vídeo na presentación e comunicaron moi ben o que querían dicir

Grupo 4.5: Ana, Carla e Óscar.

A súa exposición sobre "Os días escolares" foi moi entretida e interesante.

miércoles, 10 de mayo de 2017

Valoración presentacións Pablo

Grupo 4.1

Moi boa exposición, bo traballo e moi entretido.

Grupo 4.2
Innovadora, espectacular.

Grupo 4.3
Moi bo traballo en grupo, boa exposición e moi entretida

Grupo 4.5
Entretido e moi boa presentación, entendiase perfectamente o que querian expresar

martes, 9 de mayo de 2017

Valoracións das exposicións da aula: Lucía.

Boas noites chicos!
Hoxe na nosa clase os meus compañerios máis eu tivemos que facer unha exposición do noso blog, mellor dito, de un proxecto que preparamos en base este.
Nesta entrada valorarei as súas exposición dende o meu punto de vista. Direi o que máis me gustou de cada grupo e, se hai algo que non me gustou, tamén. Aínda que todos fixérono xenial!


Grupo 4.1: Javi, Brais e Pablo.

Os meus compañeiros "LOS SIN NOMBRE", escolleron un tema complexo e moi entretido como son as intelixencias múltiples. A súa exposición estivo moi ben, encantoume como explicaron o seu blog e as diferentes actividades que subiron.

Aínda que, o que máis me chamou a atención foi o stop motion, estaba moi ben montado e feito dunha maneira moi orixinal. Recoméndovos ir a velo, temos o seu blog en páxinas amigas, iste é "As oito intelixencias humanas".

Grupo 4.2: Alba, María, Noelia e Irene.

O grupo "MINAred" encantoume. A parte de facer unha moi boa presentación explicando ben todas as partes fixeron uns vídeos estupendos.

Un deles está ata traducido o linguaxe de signos! De esta maneira calquera persoa pode escoitar e ver a conversación do seu stop motion. Unha idea moi boa compañeiras!
"Diversidad y aulas".

Grupo 4.3: Miguel, Iago e Diego.

Este increíble grupo composto por Iago, Miguel e Diego, chamada "SALVAME DE ROLO", fixeron unha boísima exposición.

Mostraron moi ben toda a composición do seu blog xunto coas súas actividades, puxéronnos un vídeo moi divertido que podedes ver no seu blog http://escolaonlineourense.blogspot.com.es/.
O que máis me gustou do seu traballo foi a súa exposición en sí. Con isto quero decir que a súa maneira de falar xunto cas súas explicación fixeron que a exposición pasase rápido e que con ela o pasásemos ben. Foi moi boa!

Grupo 4.5: Ana, Carla e Óscar.

O grupo "Claro que si guapis" fixeron un traballo moi bo. Nótase todo o esforzo detrás da súa exposición. O seu blog e as súas actividades son moi completas e, a parte, ensináronnos a todos unha maneira diferente de facer un vídeo moi entretido. Non vos vou revelar nada diste, o mellor e que o vaiades a ver o seu blog "a escola celebra".



Bueno rapaces, con esta entrada quixen explicaros un pouco o traballo dos meus compañeiros. Non puiden decir nada malo das súas exposicións porque todos fixérono moi ben, notouse que traballaron nos seus respectivos blogs e que se esforzaron para completalo e chegar onde chegaron. Fixeron moi bo traballo, si señor.
Remato decindo que visitedes os seus blog e lle botedes un vistazo, merecen moito a pena.
Un saúdo! :)

miércoles, 3 de mayo de 2017

Recurso de apoio

Bos días!

A sesión de onte dedicámola entre outras cousas a crear o recurso de apoio para presentar o noso Informe Final. Decantámonos por utilizar a plataforma "Prezi", que permite crear presentacións semellantes as de Power Point, pero moito máis dinámicas, con diferentes temas, ademais de ser na rede. Para algúns de nós era a primeira vez que o usabamos, pero pareceunos moi interesante, e sen dúbida utilizarémolo en futuras exposicións.

Recomendámosvos que lle botedes un ollo, xa que é moi intuitivo á hora de usalo e fará moito máis entretidas as vosas presentacións.

Saúdos! 😉


Informe Final

Bos días!

Despois de rematar o noso proxecto na sesión anterior, rematamos tamén o Informe Final sobre este, que vos presentamos a continuación. Este realizouse, ao igual que todas as actividades, seguindo as directrices do Decreto 105/2014 polo que se regula o currículo da Educación Primaria en Galicia. Nel xustificamos a elección do noso proxecto, mostramos as partes máis relevantes do decreto para o noso caso e explicamos algunhas das actividades que levamos a cabo. Ademais, reflexionamos sobre a viabilidade do mesmo.

INFORME FINAL

1.   XUSTIFICACIÓN


O noso proxecto baséase na creación dun e-book que sirva como complemento para a materia de Educación Física. Esta orientado a recompilación de materiais interactivos educativos que se poderían usar nela. Os cursos cos que se traballará serán 3º e 4º.
Seleccionamos en primeiro lugar o libro dixital, xa que nos parece un material moi útil e moi sinxelo de utilizar. Ademais, posiblemente os libros impresos desaparezan e este sexa o futuro nas aulas, polo que cremos que é importante acostumarse ao seu uso.
En canto a selección desta materia curricular, realizámola xa que dous dos compoñentes do grupo son Técnicos en Actividades Físicas e Deportivas, e ademais os catro temos unha relación directa con algún deporte, ademais de grandes intereses por esta área.
Por outra banda, é unha materia moi interesante para aplicar o uso das TIC, xa que a tendencia é a orientala unicamente á parte práctica, coa realización de diferentes deportes, e gustaríanos mostrar unha visión diferente.



2.   CONTEXTO


O Centro no que se levará a cabo o noso proxecto é o CEIP Lira, unha escola situada no entorno de Ribadavia. Esta é unha vila da comarca do Ribeiro, que conta cunha poboación predominantemente nova. A maioría traballa en labores relacionadas co cultivo, mantemento e elaboración de viño e dos viñedos.
Con respeto a escolarización, non só asisten os nenos e nenas do centro, se non que tamén rapaces e rapazas de pobos cercáns como son San Cristovo, Francelos, Barcia, Carballeda de Avia…
Ao ser un centro situado nunha vila e non ser o único nesta, o número de alumnos/as por clase oscila entre os 15 e os 20.
Levaríamos a cabo este proxecto con nenos de 3º e 4º de primaria. Estes contan cunhas características evolutivas e de desenvolvemento que condicionan os procesos de aprendizaxe e que hai que ter en conta á hora de programar e ensinar.
En canto ás características psicoevolutivas dos nenos e nenas a estas idades están:

·         Desenvolvemento psicomotor: O coñecemento básico do corpo xa está superado pola maioría do alumnado e prosegue o proceso de estruturación corporal. É un ciclo marcado por unha sensible mellora en todos os aspectos como consecuencia de que apenas se producen cambios estruturais no corpo, o que posibilita que os movementos sexan máis eficaces e económicos, melloren as coordinacións e se estabilicen a dominancia lateral e ocular.

·         Desenvolvemento cognitivo: Continuarán no estadio de operacións concretas, o que lles obriga a manipular os obxectos, a linguaxe... para alcanzar os conceptos que se propoñen e que van aumentando en complexidade. Manexan con soltura os símbolos en substitución das cousas, o que facilita e permite desenvolver os seus aprendizaxes. Comezan a realizar reflexións sistemáticas sobre as actividades que levan a cabo, polo que intentan ordenar, clasificar e comparar.

·         Desenvolvemento da linguaxe: Distribúen e ordenan bastante ben as palabras e as oracións no espazo-tempo e coñecen e dominan, aínda que con certas dificultades aínda, a normativa dos códigos. Aínda se presentan moitas dúbidas ortográficas, polo que hai que continuar afianzando este aspecto. Amplían considerablemente o vocabulario e xa son capaces de definir palabras. No referente á lectura, acostuman a realizala xa con certa fluidez, aínda que poden presentar algúns tropezos. Por iso é fundamental traballar a comprensión lectora.

·         Desenvolvemento social: Teñen maior autonomía en relación cos pais tanto para buscar os seus propios xogos, como para “saír de apuros”. Teñen unha gran vitalidade: xogan, pelexan, falan todos á vez, entusiásmanse, compiten... Este é un campo no que é posible desenvolver unha interesante acción educativa, centrando a actividade do alumnado. Manifestan un grande interese polo que ocorre fora da familia. O compañeirismo é típico destas idades e a pertenza ao grupo é o núcleo vital en torno ao cal se desenvolven as súas actividades.


3.   CONTEXTO CURRICULAR


Este apartado creouse tendo en conta o Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

3.1.        Obxectivos xerais


No artigo 3 do currículo establécense unha serie de obxectivos xerais. Os dous seguintes son os que máis se adecúan ao noso proxecto, xa que están directamente relacionados coas TIC.

§  Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.
§  Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais.

3.2.        Competencias clave


Ademais de obxectivos, tamén se presentan unha serie de competencias clave, recollidas no artigo 5. Destácanse as seguintes, relacionadas co noso proxecto:
§  Competencia dixital (CD).
§  Aprender a aprender (CAA).
§  Conciencia e expresións culturais (CCEC).

3.3.        Área


A área sobre a que imos traballar é a de Educación Física. Esta ten como finalidade principal a competencia motriz dos alumnos e das alumnas, entendida como un conxunto de coñecementos, procedementos, actitudes e sentimentos que interveñen nas múltiples interaccións que realiza un individuo no seu medio e cos demais e que permite que o alumnado supere os diferentes problemas motrices propostos tanto nas sesión de Educación física como na súa vida cotiá; sempre de forma coherente e en concordancia ao nivel de desenvolvemento psicomotor, prestando especial sensibilidade á atención a diversidade nas aulas, utilizando estratexias inclusivas e sempre buscando a integración dos coñecementos, os procedementos, as actitudes e os sentimentos vinculados á conduta motora fundamentalmente. A competencia motriz, que non está recollida como unha das competencias clave, é fundamental para o desenvolvemento destas, especialmente as Competencias Social e Cívica, Aprender a Aprender, Sentido de Iniciativa e Espírito Emprendedor, Conciencia e Expresións Culturais e Matemática e Científico Tecnolóxica e, en menor medida, a Competencia en Comunicación Lingüística e a Competencia Dixital.



4.   ACTIVIDADES A REALIZAR


Para a realización deste proxecto leváronse a cabo unha serie de actividades que aparecen recollidas nas táboas que se adxuntan a continuación. Nelas defínese que o tipo de actividade e faise unha breve descrición de cada unha delas.

ACTIVIDAD 1: PÓSTER DIXITAL
Breve descripción:
Nesta actividade expondremos na pantalla PDI o noso póster con todos os links, e o código bidi para escanear, como docentes deixarémoslles escanealo dende a tablet para que entren nos diferentes recursos e xoguen con eles. Despois deberán facer unha breve redacción no ordenador sobre os recursos que utilizaron e o que aprenderon deles.

Recursos utilizados: (soporte y recurso TIC (programa, software, aplicación….)
Blogger, diferentes webs de recursos.
Lugar de realización
Esta actividade pódese levar a cabo en calquer aula que dispoña de proxector ou mesmo de pantalla PDI.
Personal
□ Maestro tutor □ Maestro de apoyo (PT o AL) □ Especialista
□ Personal de asociación □ Familias □ Otro: especificar
Agrupamiento del alumnado
A forma de agrupar ao alumnado será de formando parellas para así se turnan nos xogos e tamén se poden axudar ao mesmo tempo, ademais de que é unha forma de facer a clase mais amena.
Duración de la actividad
A actividade terá unha duración de 2 sesións.





ACTIVIDAD 2: RECURSOS AUDIOVISUAIS
Breve descripción: A partir do vídeo que creamos sobre “Os 8 beneficios de practicar deporte” creamos unha actividade que consiste en que o alumnado o visualice, e a partires del faga unha breve reflexión por escrito no seu ordenador sobre o que aprendeu, que deporte lle gustaría practicar e todo aquilo que queira expresar sobre o que lle transmitiu o vídeo. A continuación, a partir desa reflexión deberán realizar unha pequena exposición apoiándose nunha presentación Power Point.

Recursos utilizados: (soporte y recurso TIC (programa, software, aplicación….)
Vídeo en Blogger e en Drive. O alumnado utilizará un procesador de textos.
Lugar de realización
□ Aula ordinaria □ Biblioteca □ Aula de usos múltiples  □ Rincón TIC
□ Otro: especificar:
Personal
□ Maestro tutor □ Maestro de apoyo (PT o AL) □ Especialista
□ Personal de asociación □ Familias □ Otro: especificar
Agrupamiento del alumnado
□ Gran grupo □ Pequeño grupo □ Parejas □ Individual □ Otro: especificar
Duración de la actividad
3 sesións.







ACTIVIDAD 3: WEBQUEST
Breve descripción:
A actividade consiste no uso dunha Webquest sobre Xogos Populares, o alumnado deberá entrar e seguir as indicacións que alí se atopan para resolver o exercicio.
Recursos utilizados: (soporte y recurso TIC (programa, software, aplicación….)
Wix, procesador de textos.
Lugar de realización
□ Aula ordinaria □ Biblioteca □ Aula de usos múltiples  □ Rincón TIC
□ Otro: especificar:
Personal
□ Maestro tutor □ Maestro de apoyo (PT o AL) □ Especialista
□ Personal de asociación □ Familias □ Otro: especificar
Agrupamiento del alumnado
O alumnado traballará en grupos de 3.
Duración de la actividad
2 sesións.






ACTIVIDAD 4: ACTIVIDADES MULTIMEDIA INTERACTIVAS
Breve descripción:
Creáronse unha serie de actividades multimedia interactivas, que son: sopas de letras, crucigramas, mapas conceptuais, puzzles, etc. O alumnado deberá usar os seus ordenadores para resolver 4 de todas as propostas que atoparán no blog. Ao rematar deberá de novo facer unha breve redacción sobre o que seleccionaron, acompañada dunha reflexión sobre o aprendido.
Recursos utilizados: (soporte y recurso TIC (programa, software, aplicación….)
Blogger, procesador de textos, diferentes soportes de programas.
Lugar de realización
□ Aula ordinaria □ Biblioteca □ Aula de usos múltiples  □ Rincón TIC
□ Otro: especificar:
Personal
□ Maestro tutor □ Maestro de apoyo (PT o AL) □ Especialista
□ Personal de asociación □ Familias □ Otro: especificar
Agrupamiento del alumnado
O alumnado traballará individualmente para a realización desta actividade.
Duración de la actividad
1 sesión


5.   CONCLUSIONES


Este foi un proxecto que nos entusiasmou dende o primeiro momento, xa que, como se mencionou anteriormente, a Educación Física é un tema polo que todos temos un grande gusto, e mostrabamos un grande interese por cambiar aquelas cousas que non nos convencían da maneira habitual de impartir esta materia.
Atopamos algunhas dificultades: a primeira foi ser capaces de imaxinar como funcionarían realmente na aula as nosas propostas, se serían aceptadas por nenos e pais, etc. Outra foi o pouco tempo co que contamos para a realización das diferentes actividades, e nalgúns casos o problema á hora de atopar unha gran variedade de recursos.
Sen embargo, consideramos que sería viable, e que pode resultar de grande utilidade tanto para docentes como para familias, xa que as nosas actividades poden realizarse tanto na aula como na casa coa familia ou en momentos de ocio cos amigos, e serven de aprendizaxe para todos eles.

6.   REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS


-        Decreto 105/2014, do 4 de setembro, por el que se establece o currículo da Educación Primaria, No. 171, Anexo I, DOG (2014).
-        Gutiérrez, M.; Raposo, M. Y Pato, S. (2017). Materiales Faitic. Ourense: Universidade de Vigo.