Boas tardes!
Como comentaba na anterior entrada, na sesión de hoxe creamos actividades multimedia útiles para a aula. No meu caso seleccionei unha sopa de letras, e paréceme interesante falarvos das diferentes ferramentas que hai para crear esta actividade e as súas utilidades. As sopas de letras son un xeito entretido de traballar na aula e que nos permiten tratar diversas temáticas das diferentes materias. Outra ventaxa é que ademais pódense utilizar na casa a modo de entretemento ou diversión. Algunhas das aplicacións que podemos atopar para a súa creación son:
-WorkSheet Works.
-Educaplay.
-EdiLim.
-Photosoup.
Animádevos a probalos! 😊
No hay comentarios:
Publicar un comentario