As novas tecnoloxías xogan un papel fundamental na sociedade actual. É por iso que co noso proxecto trataremos de introducilas na aulas, non só para facer as clases máis amenas e interactivas, senón tamén para que poidan estar ao alcance de todos os nenos e nenas.
Sen embargo, non debemos abusar do seu uso nas aulas, renunciado aos medios e metodoloxía tradicional, xa que hoxe en día os nenos e nenas pasan gran parte do tempo nas súas casas con algún dispositivo electrónico.
No noso caso decidimos aplicalas a unha materia onde non son xeralmente usadas: a Educación Física. Este, xunto co noso gusto polos deportes e a necesidade de fomentalos, foron os motivos que orientaron a nosa elección. Como comentamos na entrada xeral, pretendemos que os nenos aprendan a disfrutar desta materia, converténdose nunha clase a que desexen ir, e non unha que lles resulte pesada, como sucede en moitos casos; que o deporte pase a ser unha das súas afeccións.
Persoalmente, teño moitas expectativas postas nesta materia, xa que, como comentei anteriormente, as novas tecnoloxías xogan un papel fundamental hoxe en día, e como futuros docentes da era dixital debemos estar formados a perfección no que ao seu uso se refire.
No hay comentarios:
Publicar un comentario