Como falaron nas anteriores entradas, as novas tecnoloxías están moi en auxe. Podemos definir a tecnoloxía, no seu concepto más amplo, coma un conxunto de coñecementos técnicos que sirven para satisfacer as necesidades humanas; por todo esto debemos dar a coñecer as novas tecnoloxías nas aulas e explicarlle a os alumnos a importancia do seu uso, tanto dos seus beneficios coma dos seus inconvintes.
Somos Pablo, Lucía, Juan e Patricia, alumnos do Grao en Educación Primaria. Creamos este blog como base para o noso proxecto "Móvete con Pajulú", co que buscamos potenciar o deporte por medio das Novas Tecnoloxías.
martes, 31 de enero de 2017
Presentación Lucía
Como ben explicamos na nosa presentación, somos alumnos de Educación
Primaria, isto significa que estamos estudando para ser futuros docentes.
Estamos no século XXI, o que implica que as novas tecnoloxías, os aparatos
electrónicos, etc. están moi presentes na sociedade.
Como futuros profesores o que queremos é adaptar estas novas
tecnoloxías ó ámbito escolar e así, poder complementar ás clases coas
mesmas, para xeracións futuras.
As novas tecnoloxías permiten levar a cabo unhas clases máis dinámicas, aumentando así a motivación e, polo tanto, o rendemento do alumnado.
Presentación Juan
A sociedade na que vivimos está en continuo cambio, na que cada día se desenvolven cousas novas, como o uso de novas tecnoloxías.
Somos estudantes da facultade de educación, nestes últimos anos os agora alumnos, mañá profesores estanse formando para saber adaptarse a todos os posibles cambios nas novas tecnoloxías, tanto para o desenvolvemento dunha clase, coma para calquer outra realización de tarefas ou incluíndo tamen adaptacións dos nenos con dificultades na sociedade.
Somos estudantes da facultade de educación, nestes últimos anos os agora alumnos, mañá profesores estanse formando para saber adaptarse a todos os posibles cambios nas novas tecnoloxías, tanto para o desenvolvemento dunha clase, coma para calquer outra realización de tarefas ou incluíndo tamen adaptacións dos nenos con dificultades na sociedade.
Cremos que as novas tecnoloxías poden ser un recurso que aumente a motivacíón dos nenos e polo tanto o seu rendemento.
Presentación Patri
As novas tecnoloxías xogan un papel fundamental na sociedade actual. É por iso que co noso proxecto trataremos de introducilas na aulas, non só para facer as clases máis amenas e interactivas, senón tamén para que poidan estar ao alcance de todos os nenos e nenas.
Sen embargo, non debemos abusar do seu uso nas aulas, renunciado aos medios e metodoloxía tradicional, xa que hoxe en día os nenos e nenas pasan gran parte do tempo nas súas casas con algún dispositivo electrónico.
No noso caso decidimos aplicalas a unha materia onde non son xeralmente usadas: a Educación Física. Este, xunto co noso gusto polos deportes e a necesidade de fomentalos, foron os motivos que orientaron a nosa elección. Como comentamos na entrada xeral, pretendemos que os nenos aprendan a disfrutar desta materia, converténdose nunha clase a que desexen ir, e non unha que lles resulte pesada, como sucede en moitos casos; que o deporte pase a ser unha das súas afeccións.
Persoalmente, teño moitas expectativas postas nesta materia, xa que, como comentei anteriormente, as novas tecnoloxías xogan un papel fundamental hoxe en día, e como futuros docentes da era dixital debemos estar formados a perfección no que ao seu uso se refire.
lunes, 30 de enero de 2017
¡¡HOLA!!
Benvidos ao noso blog!
Somos Pablo, Lucía, Juan e Patricia, alumnado do Primeiro Curso de Educación Primaria da Universidade de Vigo.
Creamos este blog como base para o noso proxecto da asignatura de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación. Tomamos como base a temática de "Materias Curriculares", e orientámonos ao ámbito deportivo, polo que o noso proxecto consiste na aplicación das TIC neste, e máis concretamente nas clases de Educación Física. O noso obxectivo é que os nenos e nenas gocen desta materia, asistindo con entusiasmo ás clases e adquirindo un gusto polos deportes que os leve a practicalos fóra das aulas.
Para isto utilizaremos diferentes recursos e materiais que subiremos en próximas entradas.
Agardamos que estas sexan do voso interese e utilidade. 😉
Suscribirse a:
Entradas (Atom)